Roteiros

A aira do Ancho en Piornedo

10. A aira do Ancho

Este é o sitio de encontro de sempre dos nenos e das nenas e de toda a rapazada do lugar, xeración tras xeración. Se decidías saír á gaiola sabías que neste lugar habías atopar a alguén. Dos xogos e da actividade participaba tamén a xente maior que había pola zona comentando, dirixindo ou provocando. Algúns …

10. A aira do Ancho Ler máis »

O palleiro de Chis en Piornedo

9. Os hórreos e palleiros

Aquí todas as familias contaban coa casa (a palloza na que vivían, ás que agora lles chamamos as casas vellas), un horro, un palleiro e case sempre un cuarto. Os horros son construcións de planta cadrada, de madeira e con cuberta de palla. Serven como despensa: neles sálgase e gárdase a carne de porco, o …

9. Os hórreos e palleiros Ler máis »

O Cuarto de Chis

8. O cuarto de Chis

Aquí en Piornedo, a finais do século XIX e primeiros do XX, houbo anos de bonanza económica e moitas familias aproveitaron para construír os cuartos. Os cuartos eran casa pequenas, de pouco máis de 50 metros cadrados, feitas de pedra e con cuberta de lousa. Tiñan dous pisos e utilizábanse para gardar gando no piso …

8. O cuarto de Chis Ler máis »

A casa de Pedrete en Piornedo

7. A casa de Pedrete

En Piornedo, as diferenzas entre os veciños en canto a riqueza, traballos e forma de vida eran pequenas. Non había braceiros nin rentistas (aínda que podías levar á renda algunha finca). Todos os veciños eran propietarios das casas, das fincas e do monte. Aínda así, había unhas casas máis poderosas economicamente que se diferencian porque …

7. A casa de Pedrete Ler máis »

6 - O quintairo das ovellas en Piornedo

6. O quintairo das ovellas

O Quintairo das ovellas, como podes ver, é unha praciña pequena que se encontra entre a casa da Casanova, a casa vella de Poleo (modificada) e a casa vella de Robledo. Como podes ler, nós non lles chamamos pallozas, senón casas vellas. É un nome máis entrañable e agarimoso para as que foron as nosas …

6. O quintairo das ovellas Ler máis »

Descubre Piornedo O Campón

5. O Campón

O campón é a primeira praza que hai ao entrar no lugar, a máis grande. As prazas e os camiños sempre son lugares de encontro cos veciños, de falar. Hai unha costume curiosa, de orixes moi remotos: a xente Piornedo, polo menos mentres estivemos vivindo nas pallozas, non comiamos sentados arredor dunha mesa, comiamos na …

5. O Campón Ler máis »

Escola de Piornedo

4. A escola

Clodio González no seu libro Piornedo, unha comunidade de alta montaña dos Ancares (Ed Difusora, 2012), despois de consultar o Catastro da Ensenada no relativo á fidalguía e comparar a porcentaxe de fidalgos da parroquia de Donís, e máis concretamente de Piornedo, con distinguidas poboacións de Galicia, conclúe que habería que poñer un cartel á …

4. A escola Ler máis »

Teixo Descubre Piornedo

3. O Teixeiro

Este teixeiro que tes diante tamén é un emblema do noso pobo, por iso dá nome á nosa asociación máis antiga. Trátase dun taxus baccata milenario. Son árbores de crecemento lento e este ten unhas dimensións considerables tanto de copa como de tronco. Está incluído no catálogo de árbores senlleiras de Galicia. O teixo (nos …

3. O Teixeiro Ler máis »

Fonte do Marelo

2. A fonte do Marelo

Aquí estamos, na fonte do Marelo, unha fonte de auga cristalina que non seca no verán e que merece a nosa atención polas estatuas de pedra que ten na parte superior. Se nos fixamos na inscrición que ten ao fronte non é moi antiga: Hizose en 1787, pero as figuras humanas están bastante desgastadas polo …

2. A fonte do Marelo Ler máis »

Imaxe aérea Piornedo

1. Presentación

Piornedo é unha pequena aldea montañosa, situada na vertente galega da Serra de Ancares. Ten unhas 19 casas e seguramente unha das cousas que atrae aquí máis visitantes é o seu principal reclamo turístico e cultural: as pallozas. Piornedo conta cun conxunto único de pallozas, construcións con cuberta de palla, moitas das cales estiveron habitadas polos …

1. Presentación Ler máis »

Scroll ao inicio