Roteiros

A capela de Piornedo

20. A capela

Piornedo pertence á Parroquia de Donís, son trece aldeas e en cada unha hai unha pequena capela construída polos veciños, segundo nos contaron. Agora estás na capela de Piornedo, unha pequena ermita dedicada a San Lourenzo. Ten planta rectangular, mide 10,70 x 5,40 metros e os muros son de cantaría rematados nunha cornixa de bardas. …

20. A capela Ler máis »

O paredazo en Piornedo

19. O Viso

Chegamos ao Viso e aquí temos outro precioso banco dos de Manolo de Robledo. Está no sitio perfecto para ver o discorrer do glaciar de Piornedo en toda a súa extensión. Fai preto de 30.000 anos este val estaba cuberto de xeo dende a base do Mustallar (os lagos da Braña, concretamente) ata a Ponte …

19. O Viso Ler máis »

O tiu Anxelón do Coxo

18. O Tiu Anxelón do Coxo

Gustaríanos que se tiveran realizado escavacións arqueolóxicas porque todo o mundo nos pregunta cal é a antigüidade das casas e do pobo e non temos a resposta. As casas son prerromanas pola súa forma e polos materiais cos que están construídas, pero non sabemos se é un asentamento da época castrexa (tribus Astures) ou se …

18. O Tiu Anxelón do Coxo Ler máis »

17 - O urogalo

17. O urogalo

Este formidable traballo de talla en madeira con motoserra realizouno José Orduña (TOTE) de Daroca, para agasallar ao seu amigo Alberto e ao lugar de Piornedo. Non é o único traballo que este artista ten no lugar, pois tamén fixo o moucho que puidemos aprezar na actividade número 1. Este moucho fíxoo aquí, nunha demostración …

17. O urogalo Ler máis »

A rigueira de encima - Piornedo

16. A rigueira de Encima

Esta é a Rigueira de Encima. Arredor do pueblo hai varias fontes: a Rigueira de Encima e a de Abaixo, a fonte do Marelo, a Fonteíña, a fonte do Landeirón, a fonte da Raposa… Isto seguramente tamén contribuíu a escoller o emprazamento do lugar, aparte das terras fértiles arrastradas polo glaciar do que falaremos despois. …

16. A rigueira de Encima Ler máis »

O quintairo das cabras en Piornedo

15. O Quintairo das Cabras

Fixemos unha parada antes no Quintairo das Ovellas, e agora imos facer o propio no Quintairo das Cabras. Os rapaces máis novos eran os que ían pastorear as cabras, porque hai que andar ben para seguirlles o paso. No Quintairo das Cabras está a cantina, que sempre é o lugar de encontro dos veciños e …

15. O Quintairo das Cabras Ler máis »

A palloza museo de Piornedo

14. A Palloza Museo

A Palloza Museo de Piornedo é un pequeno museo familiar que xa leva aberto dende o ano 1989 e no que se pode coñecer a forma de vida nas pallozas. Foi a vivenda da familia ata 1970 e conserva a distribución orixinal que tiñan todas as casas, así como unha exposición das ferramentas tradicionais utilizadas …

14. A Palloza Museo Ler máis »

A Pedra Plana en Piornedo

13. A pedra plana

A ver… realmente “a pedra plana” non é o nome orixinal desta pena, así é como lle empezaron a chamar as rapazas e os rapaces porque é un bo sitio para coller cobertura de móbil e acostuman xuntarse nela. Non nos poñemos de acordo no nome que ten de vello: Pepe de Chis di que …

13. A pedra plana Ler máis »

O Paredazo en Piornedo

12. O Paredazo

Chegamos ao Paredazo, onde podes facer unha pausa, sentarte no banco que fixo Manolo e desfrutar da paisaxe mentras continúas a escoitar ás veciñas e veciños de Piornedo.  A verdade é que dende que se xubilou o noso veciño Manolo de Robledo e decidiu pasar a maior parte do tempo no seu pueblo non deixan …

12. O Paredazo Ler máis »

As casas vellas en Piornedo

11. As casas

Estamos na casa de Perdigón, a que ten máis metros cadrados de teito de toda a aldea. En total, máis de 400 metros cadrados de teito de palla. Tedes que saber que neste caso están unidos baixo o mesmo teito a casa e o palleiro, pero é unha unión solo exterior, no teito, porque a …

11. As casas Ler máis »

Scroll ao inicio