Esta é a Rigueira de Encima. Arredor do pueblo hai varias fontes: a Rigueira de Encima e a de Abaixo, a fonte do Marelo, a Fonteíña, a fonte do Landeirón, a fonte da Raposa… Isto seguramente tamén contribuíu a escoller o emprazamento do lugar, aparte das terras fértiles arrastradas polo glaciar do que falaremos despois.
Antes a xente acudía a estas fontes e traía a auga na cabeza, en baldes. Auga para cociñar e tamén para darlles aos animais cando non podían saír pola neve. A auga para beber traíase en sellas.
Tamén se sacaba a facenda a beber ás fontes máis achegadas a cada casa, primeiramente había que facer as olgas (sendeiros na neve) para poder andar e para que puideran pasar.
En Piornedo temos sorte que as fontes están cerca e non secan no verán.