O monte de Piornedo

A toponimia

Cada nome de lugar garda unha historia ou fai referencia a unha paisaxe ou unha forma de habitar o noso monte e vivir o territorio. Nomes como a Cabana dos Estremeños, o Grobo dos Paxariños ou Pena Larga, foron transmitidos de xeración en xeración. Estes nomes falan da relación das persoas co medio natural, da vida na montaña, do traballo co gando ou das especies animais e vexetais que había en cada recuncho.

Cada vez quedan menos persoas que coñecen cada paraxe polo seu nome e que andaban os montes dende pequenas. Van faltando, e con elas perdemos para sempre esa sabedoría. Quixemos aproveitar as novas tecnoloxías para gardar algo da memoria toponímica do monte de Piornedo, para que non se perda e poida chegar a ser coñecida polas xeracións futuras.

Recoller os nomes dos lugares, é tamén unha maneira de recoñecer a esas persoas que habitaron o territorio antes ca nós e de manter viva esa conexión coa nosa identidade.

Scroll ao inicio