Festa da pandeira de piornedo

A Festa da Pandeira de Piornedo nasceu en 2006 e celébrase dende entón todos os anos no terceiro sábado de agosto.

Congrega tocadoras deste instrumento das comarcas próximas á serra de Ancares (provincias de Lugo, Asturias e León) e serve tamén para reunir outros músicos de procedencias ben diversas.

Cada edición adícase a unha tocadora de pandeira das que participan neste encontro.

A pandeira

A tradición musical de moitos países, tanto atlánticos como mediterráneos, dende tempos remotos, inclúe instrumentos de percusión estreitamente emparentados coa pandeira, como as que protagonizan as festas no Magreb ou os bodrans irlandeses, moi popularizados através da música celta.

No traballo Os instrumentos musicais na tradición galega as pandeiras defínense como “pandeiros redondos (duns 40-50 cm de diámetro e 8-12 cm de alto) que levan algunhas ferreñas inseridas no marco (…) consérvase aínda o uso destes instrumentos, intimamente ligado ao canto, sobre todo feminino, aínda que tamén os homes as empregaban“.

Nas zonas de montaña “galaicas” este vello instrumento nunca foi substituído pola pandeireta e conserva a día de hoxe toda a súa vixencia. Atopámola nas comarcas de Ibias, Ancares e o Bierzo, cunha grande variedade de toques que van mudando por zonas e mesmo dependendo da tocadora.

Na Festa da Pandeira de Piornedo é posible coñecer este instrumento, os diversos xeitos de tocala e as cántigas que acompaña nas maos e nas voces das mellores tocadoras en activo.

Festa Pandeira- Piornedo
Festa Pandeira- Piornedo Música
Festa da Pandeira - Piornedo Música
Festa da Pandeira - Tocadoras

Todas as edicións da Festa da Pandeira

Ano 2025
Ano 2024
Ano 2023
Ano 2022
Ano 2021
Ano 2020
Ano 2019
Ano 2018
Ano 2017
Ano 2016
Ano 2015
Ano 2014
Ano 2013
Ano 2012
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
23 de agosto de 2025
O día 23 de agosto de 2025, Festa da Pandeira en Piornedo. Pasamos lista! Atención ao noso Facebook para máis información.
Dolores de Villariños
24 de agosto de 2024 | Dolores é unha muller de carácter mui querida por todas ie gran cantadora. O obradoiros de perfeccionamento da pandeira que organizamos serven para poder seguir afondando no coñecemento da pandeira ie dos diferentes xeitos, toques ie repertorio das tocadoras da serra.
Marilú d'el Corralín
26 de agosto de 2023 | Marilú aprendeu a tocar a pandeira das rapazas grandes e muitos cantares que sabe, aprendeunos do seu padre. Leva participando nesta festa moitos anos, con esa desposición e alegría que a caracterizan. Piornedo é unha aldea conocida sobre todo polas súas pallozas e quixemos compartir coas nosas amigas e amigos da Festa da Pandeira a nosa angustia io desamparo que sentimos ante o deterioro rápido e imparable destas pezas únicas do patrimonio cultural galego.
Tía Ana do Coro
27 de agosto de 2022 | Volvemos a atoparnos ie volvemos a abrazar ás nosas tocadoras maiores, lamentablemente non a todas, porque dous anos a certas edades é mutio. A mellor Festa da Pandeira que houbo! A tía Ana do Coro, de Piornedo, deixounos hai pouco ie nunca parou de recitar as canciois de antes ós que andaban orredor dela, con esa mente sempre lúcida io recordo fresco desas coplas ie romances infinitos.
Este ano non se puido celebrar a Festa da Pandeira.
Este ano non se puido celebrar a Festa da Pandeira.
María de Alonsico
24 de agosto de 2019 | María, como muitas mulleres da montaña, adeprendeu os toques de pandeira cando era rapaza ie inda hoi recorda as cántigas da mocidá que ten interpretado numerosas veces na Festa da Pandeira. A raia do límite administrativo trazou úa división fictícia na serra de Ancares, separando Lugo, León e Asturias. A Festa da Pandeira quere poñer o seu grao de area nesta búsqueda de identidade compartida da Serra de Ancares.
Amparo Voces
25 de agosto de 2018 | Amparo ten unha memoria prodixiosa pre recordar coplas larguísimas (romances) cos seus sons diferenciados, cantares de ronda, de sega... Falase moito do aislamento que había nestes lugares da montaña, pero eso é namais úa parte da verdá. A xente cuando salía dos pueblos taba mui atenta ie traía cousas doutros lugares. Traía cousas materiais, pero tamén coplas, cuentos e formas de adevertirse.
Fernando da Casanova
26 de agosto de 2017 | Fernando era fillo dun gran cantador, do que recolleu de primeira mau a tradición musical da zona ia paixón pola música. Del aprendemos pezas interesantísimas que alguis grupos xa interpretan con muito acerto polo mundo adiantre. Cuntan os vellos que había boas polavilas en Cela, Vilarello da Iglesia, Quindous, Noceda, Villanova do Pedregal... pueblos algo grandetos nos que se xuntaba muita mocedá para cantar e bailar nun cuarto valeiro ou úa cantina.
Valentina González
27 de agosto de 2016 | Valentina é úa incondicional da Festa da Pandeira desde os seus inicios. Aprendeu de súa madre a tocar a pandeira ie do padre a cantar algúas canciois que ela dice que "eran de Galicia". Ben pensado, enque se perdeu mutio das músicas ie dos bailes da montaña, por chegar algo tarde o traballo de recuperación, en muitas cousas chegamos a tempo. A tempo de coñecer estas mulleres tan admirables que todos os anos nos acompañan e nos enseñan en Piornedo.
María González
22 de agosto de 2015 | María ten realizado un bon número de recitales ie concedido mutias entrevistas a innumerables folcloristas interesados en recoller as súas habilidades tocando ie cantando. Agora que se cupren dez anos é úa boa ocasión pre mirar atrás, contemplar todo o traballo realizado ie lanzar un agradecemento a toda a xente que fai posible esta cita anual.
Cecilia do Coro
23 de agosto de 2014 | Cecilia foi úa das tocadoras das polavilas de Piornedo pois eiquí naceu. A pandeira é un instrumento musical propiamente feminino que fizo florecer nesta serra úa cultura musical rica, enraizada ie participativa pero cun marcado carácter doméstico. As mulleres eran as encargadas de amenizar os bailes ias polavilas todas as noites, sobre todo no enverno, cuando había máis tempo libre.
Argentina Frey
24 de agosto de 2013 | Argentina ten vido a case todas as edicións da Festa da Pandeira, demostrando sempre moita calidade tocando e cantando. A principal idea desta festa é conservar este instrumento musical milenario nos Ancares, pero hai zonas do mundo nas que ten plena actualidade.
Aurelia Gómez
25 de agosto de 2012 | Aurelia sembrou en nós a pasión pola pandeira porque foi a primeira tocadora que conocimos, a que mellor estudiamos e unha das máis virtuosas. Ademais conoce moitas cántigas e romances interesantes. Na nosa zona, demais, a tradición oral conservou os esquemas no tempo con moita fidelidade.
Laura Osorio
27 de agosto de 2011 | Laura non recorda que viñeran tocar ó baile gaiteiros ou calquera outro tipo de músico, era sempre con pandeira, o que quere dicir que úa muller ou varias cantaban ó son da pandeira mentres os bailadores realizaban os seus pasos. A mesma imaxe que temos visto representada con moita frecuencia en pinturas, frescos, relieves procedentes da Europa medieval, da vella Roma, cando non de culturas moito máis antigas e distantes.
Inés Rodríguez
21 de agosto de 2010 | Inés foi transmitirnos o que sabe sobre a pandeira, os cantos e toda a tradición que a rodea. Ante o deterioro desta nosa cultura moitas veces nos preguntamos polo que podemos facer nós. A resposta é sinxela: debemos adoptar unha postura activa, cada un segundo ás súas posibilidades pero sempre evitando caer na resignación de que ten que ser así, que a fala dos vellos acábase, que se perden as cántigas, o baile solto, as comidas de antes, o xeito de paredar. Sempre se pode facer algo.
Carmen Álvarez
22 de agosto de 2009 | A Carmen os seus 91 anos vanlle restando facultades pero conoce ben xéneros como a jota, a moliñeira ou “la gallegada”. Hoi hai úa búsqueda dos feitos musicales auténticos que ta dando interesantes resultados, ca colaboración dos propios intérpretes rurales. Afortunadamente na zona de Ancares temos eses intérpretes con cualidades que nos tan desvelando con cada edición da Festa da Pandeira.
Esperanza de Barrielín
30 de agosto de 2008 | É úa das tocadoras máis en forma que quedan na zona, domina o toque a úa mau io toque ca mau volta, pero o que máis nos chama a atención é a súa habilidá pre tocar a dúas maus na moliñeira ie no baile chao. O noso deseo é que a salú lle permita acompañarnos mutios máis anos cantando, tocando ou simplemente sonrindo, con esa presencia apacible que ten.
Bernardino Martínez López
25 de agosto de 2007 | O éxito da Festa da Pandeira do ano pasado animounos a darlle continuidade. Este ano quixemos adicarlla a Bernardino. Que sexa posible facela é un motivo de satisfacción para todos, a organización, os colaboradores e o público asistente. Todos contribuímos dalgunha maneira a que, na vida actual, a pandeira teña un pouco máis de presencia.
I Festa da Pandeira
26 de agosto de 2006 | En preocupante perigo de desaparición, a pandeira resiste aínda da mao de mulleres de avanzada idade, que aprenderon tocar na súa xuventude por tradición oral, cando había moita mocedade nas aldeas, antes de que a posguerra, a emigración e a modernidade cambiaran a maneira de relacionarse e de divertirse.

Todas as edicións da Festa da Pandeira

Quen fai a Festa da Pandeira?

A Festa da Pandeira celébrase cada ano grazas á participación das tocadoras máis veteranas diste instrumento e, xunto delas, outros intérpretes notorios de música tradicional, que se desprazan dende os lugares máis afastados da montaña galega, asturiana e leonesa.

Somos as veciñas de Piornedo quen se ocupan de organizar o evento, contactando coas participantes e organizando todas as partes. Contan cunha rede de colaboradores que axuda na presentación, no deseño e na difusión.

Podes contactar con nós no correo electrónico festadapandeira@gmail.com ou a través da nosa páxina de Facebook, que podes ver aquí.

Ademais desta páxina web, tamén empregamos a nosa páxina de Facebook para ir subindo as novidades, cursos e imaxes das diferentes edicións da Festa da Pandeira.

Como chegar á Festa da Pandeira?

Piornedo, na parroquia de Donís (concello de Cervantes) é un dos puntos chave da serra que une as provincias de Lugo e León a cal dá nome á comarca de Ancares. O acceso máis sinxelo por estrada pódese facer partindo das vilas máis próximas:

Algúns navegadores GPS ofrecen a ruta por Quindous e Donís. Só a recomendamos para vehículos con tracción ás catro rodas.

Scroll ao inicio